jueves, 1 de enero de 2015

IGLESIA DE STA.MARÍA DE SETEVENTOS.-MORGADE- O SAVIÑAO.-


Construída a fins do s. XII - principios do s. XIII. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cadeirado e cuberta a dúas augas. A fachada ten unha porta con arco de medio punto abucinado enmarcado por tres arquivoltas e peche de rosetas. Hai columnas acodilladas con capiteis decorados con figuras entrelazadas e a imposta adórnase con bólas. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Espadana de dous vans. Ten un retablo barroco, unha cruz de prata do s. XVIII e pinturas góticas do s. XV no interior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario